domingo, 6 de mayo de 2012

RUTA CABALAR MUROS CARNOTA


O pasado 29 de abril, acudimos dende a Ulloa ( Comarca do centro de Galicia), as aguas do Atlantico que bañan os concellos de Muros e Carnota. Este longo desplazamento tiña como especial atractivo a oportunidade de trotar por unha praia, sen dúbida Carnota é das mellores. A ruta organizada por Xuntanza Cabalar, foi mágnfica por camiños dun monte amarelo polo frorido dos toxos e co mar no horizonte. A vista dea praia de Carnota dende a cima do monte, inesquecible. O paseo pola praia, tamen. Logo de 27 km, un abundante xntar, e volta para a casa. Enhoraboa os compañeiros de Xuntanza cabalar. Palas, 6/5/2012.
unhas fotiños.
















martes, 25 de octubre de 2011

ruta a Lugo

Fai unhas semanas fumos invitados por os Amigos Cabaleiros de Lugo, para facer unha ruta polas beiras do Miño. Un día de sol inmenso, bos camiños, bon xantar, e unha proba de habilidade cos cabalos, case debaixo na nova ponte lucense. Esta ginkana tipo rodeo americano, foi moi do agrado de todos. En definitiva, un bon día. E dende esta páxina saudos os amigos cabaleiros lucenses. Unhas fotiños.






























                                           







un bon día no barrio de San Lázaro. Ata o ano.

martes, 13 de septiembre de 2011

RAID ABALUME 2011

O sabado día 10 de setembro, celebrouse un Raid de Castro de Rei (Lugo), organizado polo Club hípico Abalume. Como ruteamos os fins de semana facendo alguhnas veces un bon número de kilometros, tiñamos (alguns de nos), inquedanza para ver una proba de Raid. Chegamos a Ponte Outeiro, en Castro, e poidemos disfrutar dunha mañan vendo a xinetes nas suas cabalgaduras participando en probas de CEN 0 é promoción, nun total de 83 km para os primeiros, e 30 para os segundos. A destacar a excelente organización, toda estaba previsto, é as diferentes fases, os controles Vet, ibánse facendo según o programado. Deixounos un bon sabor de boca, e cecais gañas de iniciarse nesta modalidade deportiva.

Unhas fotiños para recordar ese día: