domingo, 20 de febrero de 2011

Ruta a Pambre

Sabado 19 de febreiro, pese o mal tempo dos días anteriores, confiando na predicción do "tempo da TVG", decidimos facer una ruta ata o Castelo de Pambre, é xantar na "Bolboreta", en Vilar de Remonde. Tivemos un día estupendo, e aproveitamos para retratarnos a veira do Castelo.


































Datos da Ruta; Bar Crueiro, Lalín, Pena Piñeiro, A ulloa, Sambreixo, Pambre, Vilar de Remonde, A casanova, Pontecampaña, San Xulian do Camiño, é Palas.
Distancia aproximada 30 km.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Cornodoboi

O primeiro de maio do 2010, fomos invitados a participar nunha xornada de lecer nos montes de Friol, concretamente no “parque eólico do Cornodoboi”. O motivo era facer unhas carreiras de aficionados con cabalos cruzados, e logo unha exhibición con cabalos puros e con xinetes, xa con pinta de “jokeys”. Para rematar unha pulpada para todos.

Foi un gran día, polo recorrido que fixemos ata o Corno do Boi, e tamen polas carreiras, nas cales Norberto e Pablo, membros da Asociación quedaron 2º e 3º.
















martes, 15 de febrero de 2011

Camiño Primitivo

Na Semana Santa do 2010, fixemos parte do Camiño Primitivo, dende A Fonsagrada a Palas.

Etapas:

1ª.- A Fonsagrada a Castroverde.
2ª.-Castroverde a Lugo.
3ª.-Lugo a Palas.

BREVE RESUMEN DA VIAXE:

-DIA 1 ( PADRON-CASTROVERDE), 35’5km.
Xantar A lastra ( un cocido estupendo), a 18 km.
Breve comentario; empezaba a nevar cando ensilábamos os cabalos, logo o tempo portouse ben todo o día. O primeiro tramo ata A Lastra, ten dificultade, estreiteces con desnivéis que poden resultar perigosas. O segundo tramo é moito máis doadao, baixando entre piñeiros ata chegar as pradeiras de Castroverde.

-DIA 2( CASTROVERDE-LUGO), 21km.
Xantar, Gondar/Bascuas. Non hai donde. Bocata.
Recorrido doado entre prados por camiños ata chegar a Bascuas. Esa mañan diluviou. O problema de esta etapa, é que non hay hotelería, tivemos que xantar un bocadiño. Dende Gondar a Lugo, o camino ven un tramo largo pola carretera. Entramos en Lugo, polo paseo do Rato, logo o paseo do Miño, ata chegar a Orbazay donde pasaron a noite os cabalos.

-DIA 3 (LUGO- CASA), 34Km.
Xantar, Crecente ( un polo tomateiro, tamen estupendo), 12,5 km.
Este tramo ten moita carretera. Choveu a cachos. O bon xantar que nos agardaba en Crecente non defraudou. De crecente saimos por camiños en dirección a Vilarcabreiros, Carteire é Vilar de Donas, logo cada un tirou para a sua casa.

Fotos da Viaxe: