martes, 15 de febrero de 2011

Camiño Primitivo

Na Semana Santa do 2010, fixemos parte do Camiño Primitivo, dende A Fonsagrada a Palas.

Etapas:

1ª.- A Fonsagrada a Castroverde.
2ª.-Castroverde a Lugo.
3ª.-Lugo a Palas.

BREVE RESUMEN DA VIAXE:

-DIA 1 ( PADRON-CASTROVERDE), 35’5km.
Xantar A lastra ( un cocido estupendo), a 18 km.
Breve comentario; empezaba a nevar cando ensilábamos os cabalos, logo o tempo portouse ben todo o día. O primeiro tramo ata A Lastra, ten dificultade, estreiteces con desnivéis que poden resultar perigosas. O segundo tramo é moito máis doadao, baixando entre piñeiros ata chegar as pradeiras de Castroverde.

-DIA 2( CASTROVERDE-LUGO), 21km.
Xantar, Gondar/Bascuas. Non hai donde. Bocata.
Recorrido doado entre prados por camiños ata chegar a Bascuas. Esa mañan diluviou. O problema de esta etapa, é que non hay hotelería, tivemos que xantar un bocadiño. Dende Gondar a Lugo, o camino ven un tramo largo pola carretera. Entramos en Lugo, polo paseo do Rato, logo o paseo do Miño, ata chegar a Orbazay donde pasaron a noite os cabalos.

-DIA 3 (LUGO- CASA), 34Km.
Xantar, Crecente ( un polo tomateiro, tamen estupendo), 12,5 km.
Este tramo ten moita carretera. Choveu a cachos. O bon xantar que nos agardaba en Crecente non defraudou. De crecente saimos por camiños en dirección a Vilarcabreiros, Carteire é Vilar de Donas, logo cada un tirou para a sua casa.

Fotos da Viaxe:


















No hay comentarios:

Publicar un comentario